Andamos no tempo desa festa tan primitiva coma anterga,que cada ano comeza no mes de maio e non remata ata finais de agosto. Nese tempo, nos lugares arredor das montañas,onde as greas de cabalos salvaxes viven todo o ano, comezan a preparación dos CURROS.
Aínda noite,os mozos soben ó monte, onde van xuntando a maior cantidade que poidan de cabalos, para conducilos ó cerrado, curro, máis ou menos grande, segundo a súa importancia. Alí,a loita é forte,entre o nerviosismo dos animais e o afán de dominio dos homes...e mulleres!!!
A finalidade ven sendo,cortar as crins e as colas destes cabalos fortes, para usalos na industria dos cepillos...Os animais,no traballo... Logo,dependendo dos lugares, algúns se marcan e subastan,outros pasan á propiedade dos que son quen de domalos... Os poldros e maila maioría das éguas, volven ó monte.Están os que van a participar e,os que van a mirar...!!!(fotos recollidas en páxinas de Internet)
No hay comentarios:
Publicar un comentario